jueves, 16 de mayo de 2013

Certame de Cantos Tradicionais Galegos con motivo do Día das Letras Galegas



- - - - -Domingo 19 de maio ás 18:00 h.
- - - - -Lugar: Centro Sociocultural da Terceira Idade 
 
Coa participación de:

- Coro San Simón de Cacheiras.

- Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla.

- Coral da Terceira Idade de Vedra.

miércoles, 15 de mayo de 2013

FIN DE SEMANA GASTRONÓMICO EN VEDRA

XI FESTA DO CARNEIRO AO ESPETO
SAN XULIÁN DE SALES

Venres, 17 de maio de 2013 ás 14.30 h.
PREZO: 18 euros

Haberá música toda a xornada.
Venda anticipada de entradas na cantina da Comisión, no Bar Barreiro e no Bar Os Cruces (Santa Lucía) ou facendo un ingreso na conta de Novagalicia Banco 2080-0386-30-3000013333, indicando o nome completo e o menú elixido (carneiro ou xamón).

Para mais información: 649.809.077 - 616.437.602

 FESTA DO ARROZ Á MARIÑEIRA
O 18 de maio

Santa Cruz de Ribadulla
DATA: sábado 18 de maio.
LUGAR: No entorno da Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla.
*Haberá pinchos, bebidas e doce. Todo amenizado por un dúo musical.
Para inscribirte ou para recibir máis información chama antes do 16 de maio aos seguintes teléfonos 650 960 489 ou 627 973 762 ou na Taberna O Patio.

 

VII FESTA DO PORCO Á BRASA
TROBE
Domingo, 19 de maio 

Prezo: 16 euros
O pregón correrá a cargo de FEDERICO PÉREZ (JOSITO).
Durante a xornada contarase coa actuación da orquestra TRÉBOL e con diversas charangas e grupos de gaitas.
Venda de entradas en Bar Tacón, na Dorna e no local da Comisión de Festas.
Para máis información: 650.916.322 – 636.399.009




martes, 14 de mayo de 2013

Gran clausura do proxecto "A Xanela da Muller Rural"

O pasado sábado 11 de maio a Asociación Berenguela clausurou o seu programa A Xanela da Muller Rural.

Fixoo despois de realizar durante os meses de marzo, abril e maio ata 6 obradoiros, todos eles relacionados coa muller no rural en diferentes eidos.

A muller no traballo; muller na casa; muller e educación; mulleres na sexualidade; saúde e coidados e finalmente muller e asociacionismo.

Este último pretendía destacar a labor que desenvolve a figura da muller na participación social. Para conseguilo realizaronse varias presentacións dos obxectivos e accións de cada unha das entidades participantes que puxeron de manifesto o enorme dinamismo asociativo existente en Vedra e como non o importante papel da muller no mesmo. Estas asociacións foron:
  • A.C. Raiceiros que presentou o seu traballo de coplas ulláns.
  • A.C. Silandeira que presentou a súa entidade con unha actuación de pandereteiras.
  • A.C. San Campio coa actuación do grupo de pandereteiras Dedaleiras.
  • A.C. Senunpeso relacionada co ámbito audiovisual, que fixo referencia á súa actividade estrela coñecida como LAV (Laboratorio Audiovisual de Vedra).
  • A.C. Papaventos que contou a súa experiencia de vida e os seus dez anos de Teatrofilia, engadindo unha nota de humor cun monólogo.
Tamén se contou coa presencia da Asoc. Teense pola Igualdade, que presentou a súa realidade no concello limítrofe.

Xa para rematar a anfitriona Berenguela clausurou as xornadas mostrando a súa andaina e os seus proxectos de futuro.

Tratouse dun perfecto punto e final a un proxecto que cumpriu as espectativas iniciais e que supuxo un importante pulo ao quefacer da Asociación Berenguela pola Igualdade.



 

jueves, 9 de mayo de 2013

AXENDA PARA A FIN DE SEMANA


XXIII ROMARÍA DA TERCEIRA IDADE
DATA: Sábado 11 de maio
HORA: a partir das 12.30 h.
LUGAR: Arredores Centro Sociocultural da Terceira Idade

Programa: Misa, actuacións, xantar…
Poderán asistir todas as persoas que poidan valerse por si mesmas que estean empadroadas no concello e retirasen a súa entrada no prazo establecido previamente.



A ASOCIACIÓN BERENGUELA POLA IGUALDADE
CONTINÚA A DESENVOLVER O SEU PROGRAMA
“A XANELA DO RURAL”

LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA
DATA: O SÁBADO 11 DE MAIO
HORA: Ás 20.00 h
OBRADOIRO: A muller nas asociacións

A ASOCIACIÓN “ UNIÓN E PROGRESO” DE SAN XIÁN DE SALES
II ANDAINA POR SAN XIÁN

DATA: O 11 de maio
LUGAR: Cibrán (diante do local social)
HORA: Ás 16.00 h




CONTINÚA ABERTA AO PÚBLICO A
EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA ESPERANZA LEMA BOUZAS
NO MUSEO PAZ CAMPS


*Horarios:
- Venres e sábados de 17.00 a 20.00 h
- Os domingos de 11.00 a 14.00 h


ESCOLA DE FAMILIAS
“QUE FACER AO REMATAR A ESO?”

(SAÍDAS EDUCATIVAS E PROFESIONAIS)
DATA: lUNS 13 de Maio
HORA: 18.00
LUGAR: Local Social da Terceira Idade




viernes, 3 de mayo de 2013

AXENDA DA FIN DE SEMANA

Ademais da festa da Orella, Vedra proponche outras actividades para esta fin de semana:
 
CONTINÚA ABERTA AO PÚBLICO A
EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA ESPERANZA LEMA BOUZAS
NO MUSEO PAZ CAMPS

*Horarios:
- Venres e sábados de 17.00 a 20.00 h
- Os domingos de 11.00 a 14.00 h

* Para visitar a exposición noutro horario concertar cita previa no teléfono 981 814 691

 

A ASOCIACIÓN BERENGUELA POLA IGUALDADE
CONTINÚA A DESENVOLVER O SEU PROGRAMA“A XANELA DO RURAL”
LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA
DATA: O SÁBADO 4 DE MAIO
HORA: Ás 19.00 h
 
OBRADOIRO: A natureza coa saúde e cos coidados persoais
 
A ASOCIACIÓN AMIGOS DA CORAL POLIFÓNICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA
PRESENTA O CERTAME DA PRIMAVERA
Con motivo da celebración da Festa de Santa Cruz de Maio a Asociación Amigos da Coral Polifónica Santa Cruz de Ribadulla celebra o Festival da Primavera.
DATA: O 4 de maio
LUGAR: A igrexa parroquial de Santa Cruz de Ribadulla
HORA: Ás 20.30 h
PROGRAMA:
- Coral Polifónica Hermano Gómez de Santiago
- Coral Polifónica Santa Cruz de Ribadulla

martes, 30 de abril de 2013

XXVI FESTA DA ORELLA

SAN FINS DE SALES
DOMINGO 5 DE MAIO

A partir da unha do mediodía terá lugar a presentación dunha nova edición da festa a cargo de Inés Dopazo Mella.

Pola maña contarase coa actuación da Asoc. Agarimo de San Fins, e xa despois do xantar festa rachada coas actuacións de pandereteiras SILANDEIRA de San Xulián, música tradicional TRÉCOLA da Poboa do Caramiñal e as charangas SON DO SOUTO e o GHUSTO DO BOI de Lestedo.

Durante todo o día haberá degustación de orella de porco gratis, e tamén postos de venda de orella doce, polbo, churrasco, ...

E a partir das 18.00 h actuación da orquestra PARIS DE NOIA.

jueves, 25 de abril de 2013

Representación de JRELOS CREST da Asociación Cultural Ullán

O grupo de teatro da Asociación Cultural Ullán ante o enorme éxito de público recibido na última actuación realizada dentro da programación de Teatrofilia 2013, presenta dous novos pases da súa obra JRELOS CREST.

    LUGAR.:na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla
    HORARIO: sábado 27 ás 21.30 h
                     domingo 28 ás 19.00 h